![]() ![]() |
||||||||||||
|
|
ESTATUTOS DOS ASOCIADOS.- DEREITOS E OBRIGASARTIGO 6. Poderán ser membros da Asociación, libre e voluntariamente, as persoas físicas e as persoas xurídicas, legalmente constituídas, sexan estas públicas ou privadas, que dalgunha maneira teñan interese en servi-los fins da mesma e sexan admitidos pola Xunta Directiva, a cal poderá outorga-lo nomeamento de membro honorario ás persoas que estime oportuno, a título meramente honorífico, sen que iso leve consigo a condición xurídica de asociado. As persoas físicas deberán ter capacidade de obrar e non estarán suxeitas a ningunha condición legal para o exercicio do dereito. Os menores non emancipados de máis de catorce anos necesitarán o consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban supli-la súa capacidade. As persoas xurídicas de natureza asociativa requirirán, para formar parte da asociación, o acordo expreso do seu órgano competente e as de natureza institucional o acordo do seu órgano rector. ARTIGO 7. Aquelas persoas que desexen pertencer á Asociación, solicitarano por escrito ó Presidente, o cal dará conta á Xunta Directiva, que resolverá sobre a admisión ou inadmisión do asociado con posibilidade de recurso perante a Asemblea Xeral. ARTIGO 8. Os asociados poderán solicita-la súa baixa na Asociación voluntariamente, en calquera tempo, pero isto non lles eximirá de satisface-las obrigas que teñan pendentes con ela. ARTIGO 9. A condición de asociado/a perderase por causa de: a) Vontade propia, comunicada por escrito á Xunta Directiva e previo aboamento de tódalas cotas que teña pendentes.ARTIGO 10. A expulsión de persoas asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado/a. En todo caso, o acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Ordinaria e contra del pódese recorrer diante da xurisdicción ordinaria. A separación ou expulsión, así como calquera outra medida disciplinaria adoptada, será precedida de expediente no que deberá ser oído o interesado, o cal será informado dos feitos que dean lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que, no seu caso, impoña a sanción. Este acordo en todo caso deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral e contra a súa resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria. ARTIGO 11. Establécense tres tipos de asociados/as: a) Socios numerarios: serano as persoas con plena capacidade de obrar que sexan dadas de alta na Asociación, afectadas por dano cerebral e/ou os seus familiares, ou quen ostente a representación legal ou a responsabilidade de feito dos afectados/as.ARTIGO 12. Os socios numerarios teñen os seguintes dereitos: a) Asistir con voz e voto ás Asembleas Xerais Ordinarias e Extraordinarias que se convoquen.ARTIGO 13. Os socios numerarios teñen as seguintes obrigas: a) Cumpri-los presentes Estatutos, os acordos válidos das Asembleas e da Xunta Directiva e as normas internas da Asociación.ARTIGO 14. Os socios colaboradores teñen os seguintes dereitos: a) Asistir con voz e sen voto ás Asembleas que se convoquen.ARTIGO 15. Os socios colaboradores teñen as seguintes obrigas: a) Cumpri-los presentes Estatutos, os acordos válidos das Asembleas e da Xunta Directiva e as normas internas da Asociación.ARTIGO 16. Os socios de honra teñen dereito a: a) Asistir ás Asembleas con voz e sen votoARTIGO 17. Os socios de honra teñen a obriga de cumpri-los presentes Estatutos, os acordos válidos das Asembleas e da Xunta Directiva e as normas internas da Asociación. |
|||||||||||
| Carlos Azcárraga nº4 local B - CP 27003 Lugo Correo: adace.lugo@gmail.com y Teléfono de contacto 663.085.391 - 982.24.35.03 Fax 982.24.35.03 |