![]() ![]() |
||||||||||||
|
|
ESTATUTOS
ARTIGO 39. A Asociación constitúese sen patrimonio fundacional. ARTIGO 40. A Asociación é unha entidade sen ánimo de lucro. Os posíbeis beneficios obtidos como consecuencia das súas actividades económicas, incluídas as prestacións de servizos, destinaranse exclusivamente ó cumprimento dos seus fins. ARTIGO 41. Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes: a) As cotas ordinarias dos/das asociados/as, que en ningún caso serán reintegrábeis.ARTIGO 42. O exercicio asociativo económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano. A Asociación levará unha contabilidade que permita obter unha imaxe fiel do patrimonio, do resultado e da situación financeira da entidade, e efectuará un inventario anual dos seus bens así como das actividades realizadas que se formalizará nunha memoria e será posta a disposición dos/as socios/as, durante un período non inferior a quince días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria que deberá aprobalo ou censuralo. Asemade o orzamento da Asociación será anual, tendo que ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria de inicio do exercicio. ARTIGO 43. Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, deberán ter recoñecidas as sinaturas o/a Presidente/a, o/a Vicepresidente/a e o/a Tesoureiro/a, para o emprego conxunto de dúas delas, sendo imprescindible a do Presidente/a. ARTIGO 44. A disposición dos bens patrimoniais deberá ser aprobada pola Asemblea Xeral Extraordinaria. ARTIGO 45. O exercicio de cargos no seo da Asociación non comportará retribución algunha; non obstante, os gastos que xere o desempeño dos respectivos cargos serán aboados pola Asociación, previa xustificación, segundo procedemento e contías que estableza a Xunta Directiva en cada momento. |
|||||||||||
| Carlos Azcárraga nº4 local B - CP 27003 Lugo Correo: adace.lugo@gmail.com y Teléfono de contacto 663.085.391 - 982.24.35.03 Fax 982.24.35.03 |