Galego Castellano

ESTATUTOS

>CAPÍTULO V

DA MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS E DA DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

ARTIGO 46.
Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou a cuarta parte dos/das asociados/as.

A convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria terá a modificación dos Estatutos como único punto da orde do día e estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de dez días para que calquera socio/a poida dirixir á Xunta Directiva as propostas e emendas que estime oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán postas a disposición dos/as asociados/as cunha antelación mínima de tres días á realización da mesma.

A aprobación da modificación dos Estatutos acordarase pola maioría cualificada das persoas presentes.

ARTIGO 47.
A Asociación disolverase por algunha das seguintes causas:
a) Pola vontade dos asociados/as acordada pola maioría cualificada das persoas presentes en Asemblea Xeral Extraordinaria.

b) Por outras causas determinadas legalmente.

c) Por sentenza xudicial firme.
ARTIGO 48.
Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará unha Comisión liquidadora, que xunto o/a Presidente e o/a Tesoureiro procederán a efectúa-la liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante. O remanente, se o houbera doarase a outra entidade de carácter non lucrativo, inscrita na Comunidade Autónoma e que teña os mesmos ou similares fins ós desta Asociación.

O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder a inscrición da disolución da Asociación.

Así mesmo, no caso de insolvencia da Asociación, a Xunta Directiva, ou, se é o caso, os liquidadores nomeados pola Asemblea Xeral, promoverán de inmediato o oportuno procedemento concursal perante o xuíz competente.

« Volver



Carlos Azcárraga nº4 local B - CP 27003 Lugo
Correo: adace.lugo@gmail.com y Teléfono de contacto 663.085.391 - 982.24.35.03 Fax 982.24.35.03