Galego Castellano

INFORMACIÓN DE INTERESE

> DANO CEREBRAL SOBREVIDO:

¿QUE É O DANO CEREBRAL SOBREVIDO?

A Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE), a cal acabamos de adherirnos, define o DCS como: "Lesión que se produce nas estructuras cerebrais de xeito súbito en persoas que, nacendo sen ningún tipo de dano no cerebro, sofren nun momento posterior da súa vida, lesións no mesmo como consecuencia dun accidente ou dunha enfermidade (TCE, ACV, tumores cerebrais, patoloxías infecciosas,...)"

¿CALES SON AS CAUSAS?

As principais causas do dano cerebral sobrevido son:

  • Traumatismo craneoencefálico ( accidente de tráfico, laboral, caídas,...)
  • Ictus (hemorraxias, infartos cerebrais...)
  • Anoxias cerebrais
  • Tumores cerebrais
  • Infeccións (encefalite vírica)


¿QUE CONSECUENCIAS PRODUCE O DCS?

O dano cerebral pode dar lugar a trastornos e/ou secuelas físicas, sensoriais (que son as máis facilmente observables), cognitivas (problemas de atención, memoria, linguaxe…), afectivo- comportamentais (alteracións do humor e da personalidade, impulsividade, conducta infantil…), cunhas consecuencias na propia persoa afectada (dificultades no desempeño de actividades da vida diaria, laboral, relacións sociais…) e na súa familia (ademais do forte impacto estresor logo do accidente ou enfermidade, en moitos casos terán que proporcionar apoio e asistencia o seu familiar o longo do tempo).

Unha das características que define ó DCS, a diferencia de outro tipo de lesións que nacen co individuo, é a súa forma súbita de aparición. Esta patoloxía irrompe inesperadamente nunha poboación cun modelo e desenrolo de vida normais, xerando un cambio brusco no seu proxecto de vida, tanto para o afectado coma para o seu entorno. A aparición desta afectación na nosa sociedade, o alcance de calquera no momento menos esperado, fai que xurda a necesidade de crear recursos capaces de paliar e atende-las mesmas, tanto de cara ós afectados, coma os familiares, o coidador principal e o entorno en xeral

> DAÑO CEREBRAL SOBREVENIDO EN ESPAÑA: UN ACERCAMIENTO EPIDEMIOLÓGICO Y SOCIOSANITARIO: " DEFENSOR DEL PUEBLO "



  informedanio.pdf


Carlos Azcárraga nº4 local B - CP 27003 Lugo
Correo: adace.lugo@gmail.com y Teléfono de contacto 663.085.391 - 982.24.35.03 Fax 982.24.35.03
Diseño web de Lugonet