Galego Castellano

SERVIZOS

O centro de atención e rehabilitación de Dano Cerebral de Adace-Lugo presta os seguintes servizos:
    > Acollida dos afectados e familiares.

    > Información, orientación e asesoramento personalizado.

    > Apoio e acompañamento nas diferentes etapas.

    > Atención psicolóxica e psicoterapia.

    > Grupos de autoaxuda para afectados e familiares.

    > Actividades dirixidas a 'coidar o coidador'.

    > Valoracións e informes neuropsicolóxicos.

    > Estimulación cognitiva e rehabilitación funcional.

    > Convenios con outros profesionais: logopedia, fisioterapia, terapia ocupacional...

    > Talleres e obradoiros diversos.

    > Ocio, tempo libre e de lecer.

    > Voluntariado.

    > Prevención, sensibilización e divulgación.

    > Información e asesoramento sobre a Lei de promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de Dependencia.


OBRADOIROS

Actualmente estamos a ofrecer un 'Obradoiro para afectados'. O imparte a TS da asociación, e trátase de traballar a través de traballos manuais as diferentes épocas do ano. Preparáronse postais e elementos decorativos para o Nadal e estanse a confeccionar os disfraces do Entroido. E na fecha xuntarémonos todos, organizaremos unha festa de disfraces e pasaremos un rato entretido todos xuntos. Os obradoiros teñen unha finalidade lúdica

Todos estes feitos permiten un traballo grupal, en equipo, que se coñezan os usuarios de ADACE afectados por DCS. Tamén representa un descanso para as familias, que confían en nós á hora de deixarnos os seus afectados, tendo un tempo de respiro. A maiores de todos os beneficios mencionados, os obradoiros están enfocados a actividades lúdicas, relacionadas directamente cunha actividade grupal de ocio e entretemento.

Ó marxe deste obradoiro estase a organizar a visita a varios eventos deportivos da cidade, como acudir a un partido do Breogán, do Ensino, do Azkar...

TERAPIAS

Ofrecemos tamén dous tipos de terapias. A 'Terapia de estimulación cognitiva' vai destinada ós propios afectados, traballando en grupo conductas, habilidades, estimulación...

A outra é a 'Terapia para familiares'; plantexouse para o tratamento dos sentimentos, emocións, control... e vai destinada a familiares de afectados por DCS, sexan socios ou non. Esta terapia realízase paralela ó obradoiro cos afectados, permitindo que tanto familiares e afectados estén ocupados á vez, xa que na maioría dos casos son os familiares os que traen ós afectados e esperan por eles. Ambos son dirixidos pola Psicóloga contratada pola asociación para os mesmos.

Carlos Azcárraga nº4 local B - CP 27003 Lugo
Correo: adace.lugo@gmail.com y Teléfono de contacto 663.085.391 - 982.24.35.03 Fax 982.24.35.03